Magosto Popular




Dende o ano 2007 o Colectivo Malaherba leva organizando (primeiro conxuntamente coa Asociación Xuvenil de Actividades de Ocio de Matamá) un MAGOSTO POPULAR en Matamá, cun programa pensado para o desfrute de nen@s e maiores, no que os obradoiros para nen@s, os contacontos, a musicandaina sempre teñen un oco nun programa no que non acostuma faltar espectáculos  para os máis pequenos e para os que non o son tanto, actuacións musicais e por suposto castañas, moitas castañas, ben asadiñas. A partir do ano 2012 a Asociación Xuvenil de Actividades de Ocio de Matamá, decide tomarse un descanso. Polo contrario, o Colectivo Malaherba decidiu continuar coa celebración do Magosto facendoo coincidir nun mesmo día coa festa da Recolleita(continuidade da festa da Sementeira celebrada a finais de Abril).



            
            2013


                    


            2012

                    



           2011

                      



          2010



 
2009



 
2008

16.00h MUSICANDAINA sendeirismo para nen@s. Percorrido por Matamá . Polo camiño actuarán a contacontos, PAULA GOZALO e o home orquestra CE ORQUESTRA PANTASMA
18.30h UNHA DE PIRATAS Espectáculo de animación para nen@s
a cargo da compañia TROULA.
19.30h Reparto de castaañas
20.00h OBRADOIROS: cabazas do samaín, confección de instrumentos musicais, xogos tradicionais...
22.00h CIPRIAN E MAILO CAN grupo de música tradicional.
23.00h SERÁN POPULAR e QUEIMADA

 
 
      2007

 

Ruta de sendeirismo para nen@s "MUSICANDAINA".
Contacontos Paula Gozalo.
GAIDEÓN música tradicional.
PETER PUNK paiaso malavarista.
Obradoiro de cabazas do Samaín.
O COMBO ROXO (folc & roll).
THE TURRE´S BAND.
Serán popular.

No hay comentarios:

Publicar un comentario