Nós





 O colectivo Cultural Alternativo Malaherba, somos un colectivo afincado en Matamá(Vigo), que intentamos ofrecer actividades culturais alternativas á oferta xá existente.
 Algunhas das nosa actividades: Festa do rural(olimpiadas do campo,mostra de ferramenta antiga),Festival Sons da lameira(MalaherbaRock),Magosto Popular,monólogos,charlas,visita e camiñada a petroglifos...Xá se fixo famoso, o furancho Malaherba,que abrimos unhas semanas ó ano(normalmente en Inverno), para obter cartos para financiar o festival que facemos no verán,é que xá se converteu, nun recuncho ideal para o bó xantar e a boa música,sinónimo de festa rachada asegurada.




¿POR QUÉ O NOME MALAHERBA?

Como hai moita xente que nos fai esta pregunta imos explicar a razón deste nome:
Alá polo tempo dos romanos ó parecer esta zona de Matamá era un terreo escarpado cuberto por unha mata de toxos, silveiras, herbas, … por iso o nome de MATAMÁ ou MATA – MALA .
Nós quixemos poñerlle o Colectivo un nome orixinal e que tivese moito que ver coa nosa parroquia, de aí como unha MATA - MÁ ou MATA - MALA nos deixa de ser unha MALA HERBA asi quedou o nome da asociación como COLECTIVO CULTURAL ALTERNATIVO MALAHERBA.
Tamén aparece no logotipo da asociación o cervo que está representado no petroglifo das Millaradas situado no barrio da Mó en Matamá.


Se queres saber máis do Colectivo Cultural Alternativo Malaherba, entra nas diferentes seccións que podes atopar neste blog, nelas atoparás toda a información das actividades realizadas ata agora como por exemplo: do Magosto Popular, Sons da Lameira/MalaherbaRock, festa do Rural.... e por suposto, no apartado de novas, iremosche informando do que andamos a argallar.
  Se estás interesado nas diferentes actividades do Colectivo Malaherba, e queres colaborar con nós, e/ou introducirte no noso colectivo, podes contactar con nós en:  colectivomalaherba@gmail.com
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario